Xa está aberto o prazo de inscrición ás Xornadas. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través deste formulario.
As 10as Xornadas Españolas de Documentación, o lema da cal será E-información: integración e rendibilidade nun ámbito dixital, terán lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia durante os días 9, 10 e 11 de maio de 2007 xunto coa celebración da feira DOCUMAT. Ambas as dúas actividades están promovidas pola Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación y Museística (FESABID).
A feira DOCUMAT, que dende hai varios anos está aberta ao público, ofrecerá os últimos avances relacionados co sector tanto aos participantes nas Xornadas como ao público en xeral, o que permitirá aos expositores aumentar a súa proxección a todos os niveis a través da súa propia promoción.
Agardamos unha participación nas Xornadas de máis de 800 profesionais representativos de todos os sectores: empresas, bibliotecas públicas e universitarias, centros de información na administración pública, arquivos, etc., tanto a nivel nacional como internacional.
Xa está aberto o prazo de inscrición ás Xornadas. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través deste formulario.